EN BREVE 01. Apr 2021 O escritor George R.R. Martin está a desenvolver unha adaptación ao teatro musical da súa obra A Song of Ice and Fire , que presentará aos persoaxes cando eran mais novos, no lendário grande torneio de Harrenhal, un concurso de dez días que tivo lugar dezaséis anos antes dos acontecementos de Game of Thrones e que levou ao derrocamento da dinastía dos Targaryen. Martin está a traballar xunto ao libretista Duncan MacMillan e o director Dominic Cooke .
26. Mar 2021 Ron Livingston (Office Space , The Conjuring ) será o novo Henry Allen, o pai de Barry, no filme The Flash da Warner Bros. Pictures. Livingston substitúe a Billy Crudup , quen abandonou o proxecto hai unas semanas. No papel do neno Barry Allen, Ian Loh úne-se tamén ao elenco, no que entran asemade Saoirse-Monica Jackson e Rudy Mancuso . Andy Muschietti dirixe a partir dun guión de Christina Hodson .
26. Mar 2021 A gañadora do Oscar á millor actriz en 2007, Helen Mirren , ven de se unir ao elenco de Shazam! Fury of the Gods , a secuela de Shazam! que producen a Warner Bros. Pictures, a New Line e a DC Films. Mirren fará o papel da vilá Hespera, filla de Atlas, nesta continuación do aclamado filme de 2019. Mirren e mais Rachel Zegler interpretarán a dúas irmás que pode que teñan, ou non, malas intencións.