A aclamada série de debuxos animados de ciéncia-ficción creada por Dan Harmon Rick and Morty, que emite a canle Adult Swim, regresará cunha terceira tempada a finais deste ano.
Nunha mesa redonda no decurso da Magic City Comic Con en Miami (Florida) Harmon e mais Dino Stamatopoulos confirmaron no pasado mes de xaneiro a produción dunha terceira tempada de catorce episódios, que se emitirán a finais deste ano.
Na mesa redonda, que só hai uns días se fixo pública grazas a que foi publicada online, ambos produtores pediron que ninguén publicara isto nos seus blogs pero admitiron que a nova tempada chegaría moito antes do agardado. Os catorce novos episódios sumarán-se asemade aos once da primeira tempada e aos dez da segunda.
Nas súas primeiras tempadas, a série evitou facer referéncias a episódios anteriores, pero isto vai ser dintinto na terceira, na que se agarda que haxa mencións a vellos chistes e persoaxes aparecidos con anterioridade.