Heisserer escribe o guión de Sandman

1030

O guionista de filmes de terror Eric Heisserer (Final Destination 5, The Conjuring 2) ven de chegar a bordo do proxecto de Sandman na New Line Cinema para se encargar da adaptación á pantalla grande do clásico cómic de 75 números creado por Neil Gaiman para a editorial Vertigo.

Joseph Gordon-Levitt está vencellado ao proxecto coma director e protagonista do que agardan que sexa a primeira entrega dunha nova triloxía. David Goyer escribiu o primeiro tratamento, a partir do que traballou Heisserer.

Coma nos cómics, a história segue as aventuras de Morfeo, o señor dos soños, xunto cos seus poderosos irmáns e irmás: Destino, Morte, Destrución, Desesperación, Desexo e Delírio.