Hai xa anos, a Sony Pictures tentara facer un filme derivado da súa franquía de Spiderman enfocado no persoaxe de Venom, o simbionte extra-terrestre que se converte no principal supervilán da triloxía de Sam Raimi.
O proxecto ficou en desenvolvemento algún tempo e semellaba que ía saír adiante até que o lanzamento de The Amazing Spider-Man 2 botou por terra esas esperanzas, a segunda triloxía de Spiderman rematou antes de tempo, buscou-se un novo actor protagonista e a saga enteira foi incorporada ao novo e mais poderoso universo cinematográfico da Marvel.
Nombergantes, agora algúns médios fan-se eco da nova resurreción deste proxecto, só que esta vez sen a conexión con Spiderman. Dante Harper (Hansel and Gretel: Witch Hunters, Edge of Tomorrow) escribiría o guión dun filme sobre Venom que serviría coma comezo dunha franquía que producirán Avi Arad e mais Matt Tolmach.
O mais salientábel destas novas é que Venom estaría totalmente afastado e sen relación co novo relanzamento de Spiderman protagonizado por Tom Holland no papel de Peter Parker, e ademais o filme non se incorporará ao universo cinematográfico da Marvel.
Paul Wernick e Rhett Reese (Deadpool) xunto con Alex Kurtzman e Roberto Orci (The Amazing Spider-Man 2) xa tentaran anteriormente escribir un guión para este proxecto, ao que estiveron nun intrew ou outro vencellados os nomes de directores coma Gary Ross e Josh Trank.
Polo de agora non hai datas de comezo da produción ou estrea.