David Koepp ven de ser contratado para escribir o guión da quinta entrega da saga de Indiana Jones para a Disney Pictures. Para Koepp será un traballo familiar porque xa foi o responsábel de Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull, así coma otros filmes de Spielberg coma Jurassic Park, The Lost World e War of the Worlds. Agárda-se que Harrison Ford repita o seu papel do Dr. Jones após de rematar a segunda parte de Blade Runner. Para esta parte seica non estarán nin George Lucas nin Shia LaBeouf. A data de estrea fixou-se para o 19 de xullo de 2019.