Simon Pegg xogará en “Player One”

859

Simon Pegg está a negociar a súa incorporación ao reparto de Ready Player One, o novo filme de ciéncia-ficción de Steven Spielberg, para se unir asemade a Olivia Cooke, Tye Sheridan e Ben Mendelsohn.

Baseada na novela homónima de 2011 escrita por Ernest Cline, a história está ambientada nun universo de realidade virtual chamado Oase, no que os humáns nun futuro non demasiado afastado prefiren vivir en lugar de no seu mundo real.

A acción comeza cando James Halliday, o fundador de Oase, morre e ofrece unha fortuna nunha caza do tesouro que atrae a toda caste de concursantes, incluíndo a un adolescente chamado Wade Watts (Sheridan).

Pegg interpretaría a Ogden ‘Og’ Morrow, o co-creador de Oase e millor amigo de Halliday. Rico pero humilde, din que o seu papel está baseado na figura do co-fundador de Apple Steve Wozniak.

Zak Penn escribiu o guión do filme, que ten previsto estrear-se en marzo de 2018.