Mendes pon-lle sordina ao Predicador

729
Preacher
Preacher

Mália as primeiras informacións, Sam Mendes ven de revelar que o desenvolvemento do filme Preacher ainda está nas súas primeirísimas fases de proxecto.

Gostaría-me facer Preacher. Pero non hai un guión. Teño que atopar un guión. Teño que conseguir que mo escriban“, dixo Mendes ao respecto da controvertida série de cómics de 66 números de Garth Ennis e Steve Dillon.

A história vai sobre un predicador texano que ten poderes sobrenaturais, e xunto á súa ex-moza (unha asasina afeccionada) e mais un vampiro irlandés, van á procura de Deus para lle esixir responsabilidades por ter abandoado o Ceo.

Mendes ten uns plans moi cobizosos ao respeito deste proxecto, xa que “hai tanto que non cabería nunha soa película. Hai que decidir que é o que metes e o que é o que deixas fóra, e como estruturas a história. Pero só o ter ese xoguete á túa disposición de novo, pdoer pintar nun grande cadro e dicir ‘Vou facer tomas tolas dende un guindastre e esceas de acción tremendas outra vez porque quero’ é algo emocionante“.