A Warner Bros. Animation e mais a DC Entertainment veñen de confirmar oficialmente que a súa adaptación ao cinema do cómic Batman: The Killing Joke será clasificado “R” (só para maiores de 18) o que seica estaba en cuestión até de agora.
Sam Register, presidente da Warner Bros. Animation e mais da Warner Digital Series, dixo: “Dende o comezo da produción, animamos ao produtor Bruce Timm e á nosa equipa da Warner Bros. Animation para que ficasen fieis á história orixinal, sen importar a posíbel calificación da MPAA. The Killing Joke é adorado polos fans, particularmente polos seus temas e situacións adultos, descarnados e decote abraiantes. Sentimos que era a nosa responsabilidade presentar á nosa audiéncia base, a comunidade de fans dos cómics, un filme de debuxos animados que representara autenticamente o relato que todos eles coñecen tan ben“.
Ademais a Warners engadiu que non hai plans para facer unha versión PG-13 (para meiores de 13 anos) do filme. Esta adaptación do clásico cómics de Alan Moore presentará o regreso dos protagonistas de Batman: The Animated Series, Kevin Conroy e Mark Hamill, repetindo os seus papéis emblemáticos de Batman e o Joker respectivamente.
Agárda-se que o filme debute en Blu-ray, DVD e Digital HD a finais deste ano, cun prólogo orixinal de 15 minutos que servirá coma introdución para ambientar a história.