Catro secuelas mais de Avatar

1385

No decurso da 20th Century Fox’s CinemaCon a pasada semana, o realizador James Cameron deixou caer unha das súas habituais bombas informativas e confirmou que os seus plans para as secuelas de Avatar expandíron-se ainda mais.

Deste xeito, xa son catro os filmes que se realizarán da franquía, coas datas de estrea xa planeadas: 2018, 2020, 2022 e 2023. Cadaún deles estará dispoñíbel ao redor das datas de nadal dos seus respectivos anos.

Ainda que cada entrega poderá ser vista coma un filme autoconclusivo, xuntos crearán unha saga. E sobre o seu desenvolvemento, Cameron dixo:

Decedimos embarcar-nos nun proceso cinemático auténticamente enorme… estiven a traballar o último par de anos cunha equipa de catro guionistas de elite para deseñar como avanzará o mundo de Avatar: os persoaxes, as creaturas, o medio ambiente, as novas culturas… Polo de agora, o progreso que estou a ver, é na pura imaxinación, realmente moito millor có primeiro filme. Vai ser unha auténtica saga épica“.

De feito, está tan avanzado que engadiu que “comezamos a tropezar coas limitacións da nosa forma de arte“. Polo de agora, os únicos avances que se puideron contemplar confirman escenas submariñas e aéreas nalgúns deses filmes.

O primeiro filme de 2009 fixo mais de 2800 millóns de dólares nos despachos de billetes de todo o mundo e segue a ser, con moita diferéncia, a película con maior recadación de todos os tempos.