Cable e Deadpool, xuntos na pantalla

1131

Ainda que moitos o daban xa por feito, a 20th Century Fox non-o quixo facer oficial até hai uns días: a segunda parte de Deadpool está xa en desenvolvemento.

O filme terá de novo coma director a Tim Miller, e contará cos guionistas Rhett Reese e Paul Wernick e coma protagonista a Ryan Reynolds. Ademais, a secuela contará asemade co persoaxe de Cable.

Sobre a posibilidade de que Spiderman apareza nesta segunda entrega, o produtor Simon Kinberg anunciou nunha rolda de prensa para o lanzamento en Blu-ray da primeira parte que “encantaría-me ve-lo. Ambos [Reese e mais el] somos amigos de Kevin Feige, respectámo-lo e querémo-lo. Se fora mesmo remotamente posíbel, atoparemos u nxeito porque encantaría-nos que fose posíbel… só que non sei se é posíbel“.

Pola súa banda, Reese dixo que Cable será o complemento perfecto de Deadpool na secuela: “É moi grazoso iso de que sexa sério e que se ocupe de cousas moito mais sérias ca Deadpool, así que coido que será unha xustaposición que pode ser divertida. Divertímo-nos moito con Coloso na primeira parte, só por ser o complemento de Deadpool, por ser un bó rapaz e que vai ao gran mentres ca Deadpool é un irreverente. E coido que Cable ofréce-nos a oportunidade de nos fornecer con outro complemento realmente guai e diferente a Deadpool“.

Polo de agora non hai datas para a estrea, pero o mais probábel é que sexa o 6 de outubro de 2017 ou o 12 de xaneiro de 2018, dous ócos que a Fox ainda ten pendentes de encher para filmes da Marvel.