A conta oficial en Twitter da franquía de Parque Xurásico confirmou que o director de The Impossible e de El Orfanato, J.A. Bayona, será o máximo responsábel da secuela de Jurassic World, a quinta entrega na popular saga dos dinosáuros.
Anteriormente informára-se que Bayona o tiña complicado para ser o director deste filme, dado o seu compromiso coa secuela de World War Z, pero unha vez que o barcelonés abandonou aos zombis, a Universal Studios confirmou decontado que xa tiñan novo director para a franquía xurásica.
Colin Trevorrow e mais Derek Connolly escribirán o guión da secuela, que ten prevista a estrea para xuño de 2018 e que contemplará asemade a reaparición de Chris Pratt e Bryce Dallas Howard nos seus papéis protagonistas.
Trevorrow dirixiu Jurassic World pero por mor da súa apretada axenda co episódio IX da Guerra das Galáxias non se puido facer cargo desta segunda parte, que producirán Frank Marshall e Steven Spielberg.
Bayona aínda ten por estrear A Monster Calls, que aparecerá nos cinemas a finais deste ano.