Un remake de Jumanji coa Rocha

857

Dwayne Johnson e mais o seu compañeiro en Central Intelligence, Kevin Hart, están a negociar un acordo para protagonizar o remake que a Sony Pictures preparan do clásico filme familiar de aventuras de 1995 Jumanji.

Na súa conta de Instagram Johnson deixou unha mensaxe na que xa confirma que a súa participación no filme é oficial e di que a rodaxe comezará en outono en Honolulu. A mensaxe nombergantes non confirma polo de agora a participación de Hart, cuxa axenda de rodaxe está pola súa banda moi complicada a estas alturas.

En todo caso, Jake Kasdan será o director do filme, que se rodará despois de Fast 8 e antes da terceira tempada da comédia da HBO Ballers. O novo Jumanji ten prevista a súa estrea para o 28 de xullo de 2017.