Spiderman volve ser solteiro

0
205

A voda de Spiderman, en 1987Spiderman volve estar solteiro, grazas a unha volta de rosca da Marvel, que logrou, dun plumazo, eliminar 21 anos de matrimónio coa rúbia Mary Jane Watson e que espertou as críticas dos lectores máis fieis.

Ainda que a maioría dos fans máis novos do superheroe o descoñecen, Spiderman levaba xa máis de dúas décadas felizmente casado coa guapa rúbia de ollos verdes que no seu día fora só a “veciña de enfrente”.

O feito de que no último número, a editorial do célebre cómic dera remate a esa longa história de amor e devolvera a Spiderman a unha vida na que non está unido sentimentalmente a Mary Jane, xerou unha revolución entre os lectores máis adultos e que máis tempo levan lendo as histórias do trepamuros.

No último número, Mary Jane sela un tráxico pacto co maléfico Mephisto para salvar a vida da tía May en troques do matrimónio entre ambos, polo que se borra en Spiderman todo vencello sentimental coa rapaza.

Comeza así unha nova saga, Brand New Day, na que Peter Parker volve ás suas raíces e reaparece xove e solteiro, coa sua tía san e salva, con Mary Jane no reparto ainda que sen vencellos amorosos, e con outros persoaxes que os lectores habituais xa daban por mortos dende había moito tempo.

A xente está moi amolada. Borraron unha chea de cousas que se converteran en fundamentales“, asegurou o dono dunha tenda de cómics ao xornal USA Today.