Joe Johnston (Hidalgo, The Rocketeer, Jurassic Park III) será o director de First Avenger: Captain America para a Marvel Studios.
O cómic orixinal, nado nos anos 40, ía sobre Steve Rogers, un rapaz que é rexeitado polo Exército para o alistamento e que decide someter-se a un experimento que lle converte nun súper-soldado, chegando a se converter no ser humano perfecto.
O persoaxe foi resucitado recentemente e reintroducido como parte do equipo de superheroes coñecido coma Os Vingadores, grazas a que o seu corpo permaneceu en suspensión no xelo dende o remate da Segunda Guerra Mundial.
O novo filme estará ambientado durante a Segunda Guerra Mundial, ainda que o filme dos Vingadores que se está a preparar e no que o Capitán América terá un papel salientábel terá como escenário o presente. Ese filme tamén está previsto para se estrear no verán de 2011.
Ainda non hai guionistas vencellados a este proxecto, que nombergantes si que ten xa unha data de estrea: o 6 de maio de 2011. Kevin Feige será o produtor.
O seguinte filme que ten Johnston na axenda é o remake de O Lobishome, que xa está case rematado e que ten prevista a súa estrea para primeiros do ano que ven.