Os Perdedores chegan ao cinema

0
174
The Losers
The Losers

A série da DC Comics The Losers será adaptada á pantalla grande. O director Sylvian White está en negociacións para se facer cargo deste proxecto.

White está vencellado últimamente a proxectos coma Castlevania (a adaptación do videoxogo) ou para facer o Ronin de Frank Miller. Ademáis conta no seu peto con filmes coma Sei o que fixestes o último verán ou Stomp the Yard. Peter Berg e James Vanderbilt escribiran xa un guión o ano pasado baseándo-se neste cómic, cuxos dereitos ostenta Tim Story.

The Losers é un comic dos anos 70 ambientado na Segunda Guerra Mundial. Dende 2004 comezou a se publicar novamente, esta vez baixo o patrocínio da liña Vertigo da DC, contando con guións de Andy Diggle e debuxos de Jock e narra as aventuras dun grupo especial de axentes que é traizoado e como este grupo busca vingar-se contra a CIA para limpar o seu nome.