Martin Freeman (Sherlock, The Hobbit) ven de ser contratado para un thriller apocalíptico de zombis titulado Cargo.
Baseado nunha curta de sete minutos dos directores australiáns Ben Howling e Yolanda Ramke que foi viral en 2013, Freeman interpreta a Andy, un pai que quere salvar ao seu bebé a todo custe.
Cando resulte infectado por un dos zombis, terá só 48 horas antes de se transformar nunha das creaturas coas que está a loitar. Howling e Ramke dirixirán o filme mentres ca Kristina Ceyton (The Babadook) será a produtora.