Anunciara-se o ano pasado, pero semella que xa por fin a adaptación ao cinema do clásico videoxogo Tetris pon-se en marcha da man da recén creada Threshold Global Studios.
O proxecto, que será unha coprodución chino-americana cun orzamento de 80 millóns de dólares, asegurou-se o finanzamento chinés grazas ao compromiso de facer a rodaxe no país asiático ao longo do ano que ven. O thriller de ciéncia-ficción é aínda contemplado coma a primeira entrega dunha nova triloxía.
O xogo xa conta con 32 anos de antigüidade, mais a súa popularidade continúa intacta. A versión para teléfones móbiles por exemplo logrou ser descargada mais de 500 millóns de veces. Bruno Wu e mais Larry Kasanoff serán os produtores.