Wonder Woman ten director?

0
225
Wonder Woman
Wonder Woman

A agardada longametraxe de Wonder Woman pode ter entrado xa definitivamente na vía rápida dos proxectos da Warner Bros. porque esta semana estivo chea de novas sobre ela.

Primeiro foi a por veces cantante e por veces actriz Beyonce que se postulou para interpretar á Princesa Amazona, quitando do sítio a Megan Fox, quen semellaba até de agora segura para o papel.

Hoxe unha fonte dende a WB en Burbank (Califórnia) infórmanos que seica hai un nome para a cadeira de director nesta adaptación do cómic ao cinema. O nome é o de Joseph McGinty Nichol, mais coñecido por McG.

Polo de agora só é un rumor que procede dos mesmos estudos, polo que non hai nada asegurado ao respecto, pero após dun par de chamadas telefónicas aos nosos contactos confirmáron-nos que algo hai. No seu día, McG estivo vencellado a outros proxectos de superheroes, coma o de Superman, de onde saiu no derradeiro intre por mor dalgúns problemas, ou o máis recente de The Losers, pero o director ainda conta co aprobado dos estudos, que desexarían contar con el para este novo proxecto.