John Boyega úne-se á secuela de Pacific Rim

1041

O actor de Star Wars: The Force Awakens John Boyega ven de ser contratado para protagonizar a secuela de Pacific Rim para a Legendary Pictures. Boyega fará o persoaxe principal o fillo do persoaxe que interpretaba Idris Elba no filme orixinal de 2013, e tamén será o produtor.

Asemade confírma-se que o argumento será unha continuación dos feitos relatados na primeira entrega, unha história ambientada nun mundo onde se producen traxes robóticos de loita coñecidos coma Jaegers para se enfrentaren a unhas creaturas monstrosas chamadas Kaijus que están a emerxer dunha fenda interdimensional agocha no profundo do océano.

Guillermo del Toro, que dirixiu o primeiro filme, producirá a nova entrega, que será dirixida polo showrunner da primeira tempada de Daredevil, Steven S. DeKnight. Thomas Tull, Mary Parent e Jon Jashni serán os outros produtores.

Con estas novas confírma-se en todo caso que o proxecto, que semellaba estar pendente dun fío, sairá adiante. A película orixinal recadou 411 millóns de dólares en todo o mundo.