Boyle na secuela de 28 Semanas

0
213
28 weeks later
28 weeks later

Danny Boyle, que foi o creador da franquía 28 Días Despois e 28 Semanas Despois sobre unha terríbel vaga vírica que azouta a londres, revelou a un grupo de xornalistas que non só podería haber unha terceira parte da série senón que el mesmo podería ser o director. Boyle dirixiu a primeira parte, pero na segunda só foi o produtor, mentres que o realizador foi Juan Carlos Fresnadillo.

Realmente gostaría-me“, dixo Boyle o pasado 6 de novembro en Beverly Hills, Califórnia, mentres promocionaba o seu último filme, Slumdog Millionaire. “Sinto que a ideia é unha idea poderosa, e podería estar ben dirixi-la. Sí, por suposto“.

Boyle foi o primeiro en suxerir unha secuela cando comezou a falar de que podería haber un filme titulado 28 Meses Despois como continuación a 28 Semanas Despois, pero logo deixou todo no aire e non quixo confirmar nada mais: “Hai unha ideia para unha terceira perte, pero ainda non fixen moito sobre iso“.

O primeiro filme presentou un virus mortal que reduciu a Londres a hordas de monstros zombis. A secuela exploraba o que acontecería cando os militares tentasen repovoar a cidade despois de que a ameaza fose supostamente destruida.

Dado que Boyle ainda non escomezou a escribir o guión da terceira parte, non quere revelar cal será a nova premisa do argumento: “Pero teño unha ideia para iso, así que non vos podo dicir nada máis polo intre, só que con sorte acontecerá“.