Donald Glover a bordo do novo Spiderman

911

Donald Glover está negociar a súa posíbel incorporación ao reparto do filme da Marvel Studios Spider-Man: Homecoming para a Sony Pictures. Polo de agora non se sabe que persoaxe interpretaría.

O nome de Glover vencellou-se xa a esta franquía no pasado. O actor, famoso pola súa aparición na série Community e polos seus discos de rap, fora xa obxecto de campañas de fans que pedían que fixese o papel de Spiderman aló por 2012. Daquela, o papel foi para Andrew Garfield.

Glover puido, nombergantes, cumprir parcialmente o seu desexo de ser o trepamuros cando lle deu voz ao persoaxe de Miles Morales na série da canle Disney XD Ultimate Spider-Man.

Agora neste filme, Tom Holland será Peter Parker/Spiderman nunha história que levará ao persoaxe de volta aos seus anos no instituto. A produción comezará este mesmo mes.

Pola de agora están xa confirmados para o reparto os nomes de Robert Downey Jr., Michael Keaton, Marisa Tomei, Zendaya, Tony Revolori e Laura Harrier. A película conta coa dirección de Jon Watts e a produción corre a cargo de Amy Pascal e Kevin Feige.