O actor da saga de Harry Potter Tom Felton, quen interpretou a Draco Malfoy nos filmes, ven de se facer cun papel fixo na terceira tempada da série de televisión da canle The CW The Flash.
Felton interpretará a Julian Dorn, un compañeiro do CSI do Departamento de Policía de Central City que sospeita que hai algo en Barry Allen (Grant Gustin) á parte da súa boa sona.
A terceira tempada da série seguirá a liña argumental qus os fans dos cómics xa puideron lér na saga de Flashpoint. Así, nela Barry esperta nunha liña temporal alternativa onde a súa nai aínda está viva, el non ten poderes e Flash non existe. Pero cambiar a história ten as súas consecuéncias…
Para saber mais haberá que agardar até o 4 de outubro, día de comezo da terceira tempada da série.