Ratner co novo Conan

0
215
Brett Ratner
Brett Ratner

Brett Ratner (X-Men: The Last Stand) dirixirá a versión do século XXI de Conan, o filme que servirá para relanzar o persoaxe creado por Robert E. Howard nas histórias pulp. Até agora Ratner estaba vencellado á cuarta entrega da série Superpolicía en Hollywood.

A Nu Image/Millennium e mais a Lionsgate Films producirán o novo Conan. Dende o pasado día 7, Ratner comprometeu-se a recoller o bárbaro mais famoso da história da literatura e está en negociacións finais para dirixir o filme, ue ten unha data de estrea prevista para primeiros de 2010.

Joshua Oppenheimer e Thomas Dean Donnelly escribiron o guión de Conan, baseado no persoaxe orixinal de Howard dos anos 30. Os guionistas están a facer unha rápida revisión do seu libreto para adapta-lo ás novas ideias de Ratner.

A Millennium e mais a Lionsgate teñen previsto facer un filme calificado para maiores de 18 anos e contar cun orzamento ao redor dos 85 millóns de dólares. A preprodución está lista para escomezar coa rodaxe nos estudos Nu Boyana da Nu Image en Bulgária.

A história abrirá-se co campo de batalla onde naceu Conan e narrará as orixes da história contando con que este pode ser o primeiro de moitos filmes.