A Warner Bros. Pictures quére-lle sacar aínda mais zume á saga de Harry Potter e para o día de acción de grazas lanzarán o filme Fantastic Beasts And Where To Find Them, a primeira entrega dunha triloxía ambientada décadas antes dos acontecementos que xa coñecemos e a un océano de distanza das aventuras de Hogwarts.
O director do filme, David Yates, ten outro para estrear este mesmo ano: The Legend of Tarzan. E mentres daba unha rolda de prensa promocional, revelou aos xornalistas que o guión da segunda e da terceira partes de Fantastic Beasts xa están en marcha, a cargo da autora J.K. Rowling:
“Fixemos a primeira, ela está a escribir a segunda e xa ten ideias para a terceira. Ninguén ten ningunha propriedade sobre o material, á parte da relación que terán coa película cando apareza“.
A rodaxe da segunda parte da nova triloxía comezará con probabilidade ao redor desta mesma época do ano que ven e coa vista posta nunha estrea para novembro de 2018. Eddie Redmayne, Katherine Waterston, Alison Sudol, Dan Fogler, Colin Farrell, Samantha Morton e Ezra Miller son os protagonistas da primeira parte e agárda-se que regresen para a segunda.