Finou Noel Neill, a Lois Lane orixinal

1552

Noel Neill, a primeira actriz que deu vida a Lois Lane na pantalla, morreu a semana pasada en Arizona após de perder a súa batalla contra unha longa enfermidade.

Neill apareceu por primeira vez no papel da intrépida reporteira no serial Superman de 1948 e na súa conseguinte secuela antes de dar o chimpo á pequena pantalla na série dos anos 50 Adventures of Superman xunto a George Reeves no papel do Home de Aceiro.

A Neill poidémo-la ver en mais de 40 películas, ainda que se retirou despois da fin da saga de Adventures of Superman na tele en 1958. Nombergantes, fixo outras aparicións nas adaptacións á tele e mais ao cinema do seu persoaxe e tivo cameos nos filmes de Richard Donner de 1978, no de Bryan Singer de 2006 e mesmo na série de televisión dos anos 90 Superboy.

O seu manager e biógrafo Larry Ward fixo público un comunicado no que dixo que ela “mantivo esa brillante, animada e cativadora persoalidade até a súa morte“.