Mália case mil episódios de televisión e doce películas de cinema, e de ter coma premisa xentral a toleráncia e mais a integración, a auséncia de persoaxes LGTB na saga de Star Trek é decepcionante para os fans da popular franquía.
Nos episódios das séries na tele fixéron-se alusións ou claras metáforas sobre o tema, especialmente no episódio de Next Generation The Outcast, pero o que os fans de Star Trek botaban en falla e querían ver non apareceu nunca claramente… até agora. A nova longametraxe de Justin Lin Star Trek Beyond por fin presenta a un persoaxe gai en Star Trek: Hikaru Sulu (John Cho).
Ao comezo do filme, vemos á tripulación chegando a unha estación espacial á procura dun pouco de descanso e relax. Cando vemos á tripulación abandoando a terminal, Sulu (que leva unha foto da súa filla con el) é saudado pola súa filla e mais pola súa parella masculina antes de que o mesmo Sulu colla á súa filla cun brazo. O outro brazo úsa-o para pasa-lo ao redorda cintura do seu compañeiro mentres se afastan da cámara e Kirk (Chris Pine) míra-os sorrindo.
É unha escea sen diálogo que dura só uns segundos pero que deixa clara a sexualidade do timonel da Enterprise do millor xeito: breve, casual e con aceptación positiva por parte de todos. Cho, quen se atopa actualmente en Austrália promocionando o filme, revelou á prensa: “gostei do enfoque, que non foi facer algo importante, e que é a donde agardo que nos dirixamos coma espécie, sen politizar as nosas orientacións persoais“.
Ainda que o persoaxe na série orixinal de televisión foi retratado moitas veces coma pai dunha filla, nunca se lle viu nunha relación, ni gai nin heterosexual. A inclusión deste xesto débe-se sen dúbida a que o primeiro actor que deu vida a Sulu, George Takei, é abertamente homosexual.