Mignola en Witchfinder

0
176

Mike MignolaO creador de Hellboy, o guionista e debuxante de cómics Mike Mignola, está a desenvolver unha nova série de banda deseñada co ocultismo como trasfondo e que levará por título Witchfinder, centrada nunha era vitoriana e protagonziada por un detective que xa apareceu nalgúns números de Hellboy.

Está ambientada no mundo de Hellboy de 1872, se cadra“, dixo Mignola nunha improvisada rolda de prensa sobre a alfombra vermella na estrea de Hellboy II: O Exército Dourado. “Presentei un detective vitoriano ocultista hai mil millóns de anos, nun número de Hellboy, e logo useino en dez páxinas nunha recente minisérie de Abe Sapien. Así que agora evitaremos volver a crear a ese tío“.

A série de cómic centrará-se en Sir Edward Grey. “O primeiro, escribín o primeiro número da primeira minisérie o outro día, e a primeira minisérie ten lugar en Londres“, dixo Mignola. “A segunda minisérie, que estou a co-escribir con John Arcudi, o autor de B.P.R.D., ten lugar no Vello Oeste. E a terceira á que vou regresar e escribir vai ter lugar en París e noutros lugares estraños“.

Mignola engadiu que o seu persoaxe non debe confundir-se co persoaxe histórico real Sir Edward Grey. “Seica houbo un Sir Edward Grey ao redor da mesma época, pero eu… inventei o nome, e non me parei a mirar se xa había alguén usándo-o“.