Akiva Goldsman ven de ser contratado para escribir a adaptación ao cinema da novela de mistério e ciéncia-ficción de Isaac Asimov de 1953 The Caves of Steel para a 20th Century Fox.
A história está ambientada un milénio no futuro, cando a Terra está superpovoada e os robots foron prohibidos. Un detective debe colaborar cun robot para resolver o mistério do asasinato dun embaixador que estaba precisamente a tentar cambiar a política oficial da Terra sobre os robots.
Os guionistas John Scott 3 e Jamie Vanderbilt escribiran senllas versións anteriores para este mesmo proxecto, que seica conta con Henry Hobson na dirección e con Simon Kinberg coma produtor.