Yates repite coma director de Fantastic Beasts

1019

A Warner Bros. Pictures ven de anunciar que continuará coa súa tradición da franquía de Harry Potter e confirmou que David Yates regresará coma director da secuela de Fantastic Beasts and Where to Find Them.

Yates dirixiu todos os filmes da saga dende a quinta entrega, Harry Potter and the Order of the Phoenix, incluíndo a primeira parte de Fantastic Beasts, que se estreará o 18 de novembro deste ano.

Ademáis, tamén regresará para a segunda parte a creadora da saga, J.K. Rowling, que unha vez mais escribirá o guión. Isto supón unha pequena sorpresa, porque Yates dixera anteriormente que o guión xa estaba escrito.

Agárda-se que moitos dos actores protagonistas regresen, incluindo a Eddie Redmayne, Katherine Waterston, Alison Sudol, Ezra Miller, Dan Fogler, Colin Farrell, Jenn Murray, Jon Voight, Carmen Ejogo, Gemma Chan e mais a recén chegada Faith Wood-Blagrove.

A secuela de Fantastic Beasts está prevista para se estrear o 16 de novembro de 2018 e ainda terá unha continuación, a terceira e derradeira parte, que aparecerá nas salas de cinema o 20 de novembro de 2020.