O relanzamento da franquía de He-Man and the Masters of the Universe leva xa moitos anos parada e sen chegar a se desenvolver, se ben as cousas semellaban clarexar-se un pouco a princípios de ano cando o director de Terminator: Salvation McG entrou en escena para dirixir o proxecto.
A história da franquía vai sobre Adam, un príncipe que ten o poder de se transofmrar no poderoso guerreiro He-Man. Coma He-Man, Adam é a derradeira esperanza para un país máxico chamado Etérnia, desolado pola tecnoloxía e mais o malvado Skeletor. O director McG amosou-se moi optimista sobre as posibilidades do proxecto de saír adiante:
“É un intre moi emocionante para Masters of the Universe. Temos unha xuntanza moi importante coa Sony o mércores e estamos no médio dun pulido do guión, a miña paixón absoluta. Estou enfocado coma un láser para que este sexa o meu vindeiro filme. Pero quero dicir, xa sabes como funciona a indústria do cinema hoxe. Tes que te gañar de verdade a boa vontade dos estudos, Tom Rothman manda nunha nave axustada na Sony, e imos ir aló. Estou moi contento de poder-llo comunicar aos fans“.
Cando lle preguntaron sobre o tón do filme e se se asemellará ao dos debuxos animados ou á anterior adaptación ao cinema de 1987, McG revelou que o novo filme ten lugar en Etérnia e que van seguir a fórmula da Marvel Studios:
“Coido que queremos honrar á base de fans, perante todo. Precisamos recoñecer a incríbel sona do que Kevin Feige está a facer coa Marvel, e o equilíbrio do entretimento total. Que sexa críbel e emocional, cheo de acción e coa história da viaxe dun superheroe. É a xénese de He-Man, é o comezo de He-Man“.
Jon M. Chu e Jeff Wadlow estiveron vencellados ao proxecto anteriormente coma directores deste filme, que producirán Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch.