A Marvel Comics ven de desvelar o novo look para o seu clásico súper-heroe Capitán América, só seis meses despóis de que nas páxinas dun cómic Steve Rogers (a identidade secreta do heroe) resultara asasinado.
O premiado artista Alex Ross deseñou ao novo capitán e creou unha nova capa para o número 34 da série, correspondente ao mes de xaneiro, e que marcará o debut do novo Capitán América.
“O Capitán América é ún dos auténticos super-heroes representativos do noso tempo, e para deseñar a nova fasquía dun novo Capi tivemos que ir a polo máis representativo e eminente debuxante do noso tempo, Alex Ross“, dixo nun comunicado oficial o presidente da división editorial da Marvel, Dan Buckley.
O número 34 do Capitán América sairá con dúas capas representando ao Capitán: unha de Ross e outra do debuxante habitual da série, Steve Epting.