Gears of War 2, dous millóns en vendas

0
221

Gears of War 2Seguindo o éxito doutros coma Halo 3 ou esta mesma semana Fallout 3, Gears of War 2 arrasou na sua saída, vendendo dous millóns de unidades tan só na súa primeira fin de semana.

Mais de 20.000 comércios en todo o mundo abriron as suas portas ás 00:00 horas do pasado venres 7 de novembro para celebrar o lanzamento mundial en 20 países do esperado xogo exclusivo da Xbox 360.

Non só nas tendas, tamén na Internet triunfou o xogo da Epic Games. Mais de 1,5 millóns de persoas conectaron-se a Gears of War 2 na Xbox Live durante a fin de semana, sumando un total de 15 millóns de horas de xogo e establecendo un novo record de usuários conectados á Xbox LIVE.

Estabamos moi emocionados polo lanzamento simultáneo de Gears of War 2 en todo o mundo, algo case inédito na indústria dos videoxogos“, asegurou o deseñador xefe da Epic Games, Cliff Bleszinski. “Queríamos que todos os nosos fans de todo o mundo compartisen unha experiéncia única o dia do lanzamento“.

Plantexado como un xogo de terror e ciéncia-ficción en terceira persoa con tiroteos tácticos que dan especial importáncia á cobertura, Gears of War 2 amosa a encarnizada loita de Marcus Fenix e mais o Escuadrón Delta contra os terroríficos Locust para tentar salvar as últimas cidades de Sera. Ten unha calificación PEGI para maiores de 18 anos e está dispoñíbel en exclusiva para a Xbox 360 cun prezo de venda recomendado de 64,99 euros a edición estándar e de 74,99 euros a Edición de Coleccionista Limitada.

A primeira parte deste videoxogo xa vendera mais de 5 millóns de unidades en todo o mundo.