Os estudos orixinais que deron vida a Godzilla, a Toho Company Ltd., veñen de anunciar que comezaron a produción dunha longametraxe de debuxos animados titulada simplemente Godzilla.
Prevista para a súa estrea o ano que ven, esta será a primeira longametraxe de debuxos animados protagonizada polo emblemático monstro e contará coa produción da Polygon Pictures. Kobun Shizuno (Detective Conan) e Hiroyuki Seshita (Knights of Sidonia) serán os co-directores deste filme a partir dun guión de Gen Urobuchi (Psycho-Pass: The Movie).
Shizuno dixo nunha declaración que “queremos facer un filme de debuxos animados a grande escala de entretemento que a xente que gosta de Godzilla e os que non saben ren del podan disfrutar conxuntamente“.
O filme estreada polo de agora só en Xapón Shin Godzilla chegará ao mercado internacional a finais deste ano, despois de resultar un grande éxito no país asiático, e todo elo antes da segunda parte do filme de 2014, que ten prevista a estrea para 2019.