Un superheroe gai

0
216

Hero

A canle de televisión Showtime está a desenvolver un proxecto dunha hora de duración baseado nunha ideia do gurú do cómic, Stan Lee, sobre a vida dun superheroe gai.

O proxecto contará con Lee como produtor executivo, ademais de co presidente e xefe executivo do seu selo Pow! Entertainment, Gill Champion.

A história, que se centrará nun xoven e prometedor superheroe que loita por agochar a súa identidade secreta, está baseada na novela Hero de Perry Moore.

Moore está a escribir o guión e tamén actuará como produtor executivo xunto a Hunter Hill.