Star Trek: Discovery, adiada até maio

1055

A canle de pago CBS All Access anunciou que ven de adiar a estrea da súa nova série orixinal Star Trek: Discovery catro meses mais, polo que haberá que agardar até maio do ano que ven alomenos.

Nun comunicado oficial, os produtores executivos Alex Kurtzman e Bryan Fuller dixeron que o adiamento é para que a equipa creativa teña tempo abondo para entregar coa maior calidade posíbel a primeira série de televisión da saga Star Trek en mais de dez anos:

Devolver Star Trek á televisión conleva unha responsabilidade e mais unha misión: conectar aos fans e aos recén chegados á série que alimentou as nosas imaxinacións dende que eramos nenos. Queremos soñar por todo o alto e cumprir con todos, e iso sinifica asegurar-nos de que as demandas físicas e de post-produción para unha série que ten lugar totalmente no espazo, e a necesidade de atopar unha data de emisión, non resulten dunha calidade indesexada.

Antes de entrar en produción avaliamos todas estas realidades cos nosos parceiros da CBS e eles estiveron dacordo: Star Trek merece o millor do millor, e estes poucos meses extra axudarán-nos a acadar unha visión da que todos poidamos sentir-nos orgullosos“.

David Stapf, Presidente da CBS Television Studios, engadiu o seguinte:

O patrón da série e os guións en episódios que entregaron Alex e Bryan son incríbelmente frescos e convincentes. Están a construír un novo e moi cobizoso mundo de Star Trek para a televisión, e todo o mundo vencellado apoia a súa visión para atopar o millor intre no que levar á vida todo o que gostamos nas páxinas“.

Após da súa estrea en maio de 2017 na CBS, todos os episódios de Star Trek: Discovery estarán dispoñíbeis exclusivamente para os Estados Unidos na canle de pago CBS All Access, e cada episódio estará 24 horas despois dispoñíbel en Netflix en 188 países do mundo.