Margot Robbie produce a secuela de Harley Quinn

1336

Margot Robbie ven de ser contratada oficialmente para traballar coma produtora executiva nun filme secuela de Suicide Squad baseado no seu persoaxe de Harley Quinn pola Warner Bros. Pictures.

A actriz australiana, que desenvolveu o proxecto con outro guionista e seica o presentou hai xa catro meses, asinou un acordo de primeira opción coa Warners para por en marcha este proxecto e mais unha adaptación do libro Queen of the Air de Dean N. Jensen.

A súa compañía. a LuckyChap, desenvolverá os proxectos e todo semella indicar que o de Harley Quinn definitivamente sairá adiante. Polo de agora non se sabe se haberá outros persoaxes da DC Comics incluidos, pero seica será así e Batgirl será unha das principais.