EN BREVE 25. Jan 2021 A Paramount Animation ven de se facer cos dereitos de C.O.S.M.O.S , o novo libro de aventuras para nenos orixinal do escritor e produtor Tom Wheeler (o guionista de Puss in Boots ) e xa conta con intencións de adapta-lo a unha longametraxe de debuxos animados. A aventura, que seica é unha mestura entre Men in Black , Willy Wonka e Hitchhiker’s Guide to the Galaxy , é unha celebración da curiosidade, a diversidade e o poder da ciéncia para salvar ao mundo.
20. Jan 2021 A actriz e cantante Savannah Welch (Boyhood ) será Barbara Gordon na terceira tempada de Titans , a série da HBO que en Galiza se pode ver a través da Netflix. Inda que nos cómics Barbara Gordon é a actual comisária de Policía de Gotham City e tamén foi Batgirl, na série terá unha relación combativa con Bruce Wayne. A súa vida complíca-se cando regrese Dick Grayson e o seu antigo romance se reinície. A produción comezou en outubro e a estrea será a mediados deste ano.
19. Jan 2021 Joseph Mallozzi , un dos habituais produtores de Stargate , ven de ficar vencellado a unha nova série que adaptará para a tele a triloxía de novelas de fantasía épica Powder Mage , orixinal do escritor e produtor Brian McClellan . Mallozzi encargará-se do guión do episódio piloto, coa ideia de crear unha série con capítulos dunha hora de duración que se situará nas Nove Nacións, un mundo fantástico onde a máxia e a tecnoloxía do século XVIII enfróntan-se co telón de fondo dunha revolución sociopolítica e co regreso dos míticos deuses en loita polo control da humanidade.