Jeff Nichols dirixe Alien Nation

711

Jeff NicholsO realizador Jeff Nichols (Take Shelter, Midnight Special) escribirá e dirixirá para a 20th Century Fox unha nova versión do thriller de ciéncia-ficción de 1988 Alien Nation. James Caan protagonizou o orixinal, no que un poli racista é obrigado a aceptar un novo compañeiro (Mandy Patinkin), membro dunha raza alieníxena de refuxiados cuxa nave, con 300.000 membros, se estrelou na Terra hai anos e se adaptaron á vida humana en Los Angeles. O filme deu orixe a unha série de televisión. Brian Kavanaugh-Jones e Sara Greene serán os produtores.