Theroux entra no “Mudo” de Duncan Jones

923

Justin Theroux (The Girl on the Train, The Leftovers) unirá-se a Paul Rudd e Alexander Skarsgard no thriller de ciéncia-ficción de Duncan Jones Mute, que producirán a Liberty Films xunto coa Netflix.

A película está ambientada corenta anos no futuro en Berlín, e nela Skarsgard interpreta a un barman mudo traballando na que se converteu nunha cidade de inmigrantes. Á procura dunha muller desaparecida, verá-se inmerso no corazón da cidade xunto cunha estraña parella de cirurxáns americanos, quen son a única pista da que dispón.

Jones e Mike Johnson escribiron o guión, que o mesmo Jones producirá xunto a Stuart Fenegan.