Cinco bestas fantásticas, cinco

1181

Por que conformar-te con tres cando podes ter cinco? A escritora J.K. Rowling ven de anunciar que Fantastic Beasts and Where to Find Them, a primeira série spin-off da saga de Harry Potter, non vai ser unha triloxía despois de todo.

No seu lugar, Rowling revelou no decurso dun encontro de preguntas e respostas cos fans que tivo lugar online onte na súa páxina de Facebook, que nestres intres os plans son facer cinco entregas.

Rowling escribiu o guión da primeira longametraxe e xa leva moi adiantado o traballo para a segunda parte, que ten previstaa estrea para 2018. A continuación estará ambientada, segundo dixo, “nun tempo cada vez mais sinistro para o mundo dos meigos, onde Newt e mais os nosos outros heroes deberán decidir sobre as súas alianzas“.

A primeira parte estreará-se o vindeiro 18 de novembro.