A Partícula de Deus é o terceiro Cloverfield

967

God Particle, o vindeiro thriller de ciéncia-ficción producido por J.J. Abrams, será a terceira entrega da saga antolóxica de Cloverfield. Segundo confirmaron diversas fontes, a Bad Robot e mais a Paramount Pictures están a desenvolver mais filmes para ese universo compartido, coa ideia de facer ún por ano.

A nova película é a continuación de 10 Cloverfield Lane, que xa no seu intre desenvolveu-se baixo un nome en clave (Valencia) e só se revelou ao final que era unha continuación de Cloverfield. A estrea foi en marzo e tivo unhas críticas moi boas.

A história de God Particle é a dunha equipa de astronautas que fan un “descobremento abraiante” e acaban loitando pola súa superviéncia no que se describe coma unha realidade alterada.

David Oyelowo, Gugu Mbatha-Raw, Ziyi Zhang, Elizabeth Debicki, Daniel Bruhl e Chris O’Dowd son os protagonistas deste filme, que dirixe Julius Onah a partir dun guión de Oren Uziel.

A estrea está programada para o 24 de febreiro, e até ese intre non se dará a coñecer ningún material promocional nin ningunha imaxe prévia.