Samuel L. Jackson contra a lei da gravidade

1100

Samuel L. Jackson está en negociacións finais para protagonizar Inversion, o vindeiro filme de ciéncia-ficción de Peter Segal que conta cun orzamento de 130 millóns de dólares e que comezará a produción o 27 de febreiro nos estudos Babelsberg de Berlín antes de marchar a rodar a Shanghai e Chicago.

A estrela de Vikings Travis Fimmel interpreta a un espelido timador americano que fai equipa cunha xoven médica chinesa (Liu Yifei) mentres loitan contrarreloxo para salvaren á Terra dunha terrorífica perda de gravidade.

Jackson fará o papel dun experimentado investigador do Departamento de Seguridade Nacional que cré que os dous son a causa das inversións de gravidade e os persegue por dous continentes tentando evitar mais destrución.

Segal dirixe a partir dun guión escrito por Paul Haggis, David Arata e Bragi Schut. Philip Lee, Michael Nozik e Markus Barmettler son os produtores.