O director de Quantum of Solace, Marc Forster, será o encargado da realización de World War Z, o filme que adaptará a novela best-seller de Max Brooks sobre unha vaga de zombis comedores de carne que infestan o mundo.
A novela, cunha forte carga política, é unha colección de relatos en primeira persoa de vários supervivintes por todo o mundo unha década despois de que unha pandémia de zombis xurdise da zona da presa das Tres Gorxas en China durante algún ano da década dos 2010 e procedese a dezmar o mundo.
Os relatos non só abarcan diversas histórias de batallas pola supervivéncia, senón as implicacións relixosas, xeo-políticas e medioambientais que viñeron coa vaga.
J. Michael Straczynski, o guionista de Changeling e creador da série Babylon 5, está a escribir o guión deste filme, que producirá a compañía de Brad Pitt, a Plan B.