Twilight serán tres ou catro filmes

0
213
Twilight
Twilight

Coa Summit Entertainment preparándo-se para o lanzamento da súa grande aposta Twilight, os estudos están xa a desenvolver as futuras entregas desta franquía: a compañía ven de adquirir os dereitos das tres seguintes novelas da exitosa saga de vampiros de Stephenie Meyer e contrataron á guionista da primeira parte, Melissa Rosenberg, para que continúe facendo os guións baseados en New Moon e Eclipse, o segundo e terceiro libros da série.

O cuarto libro, Breaking Dawn, ainda non ten vencellado un guionista.

Twilight, que trata da relación entre unha nena adolescente, Bella, e un vampiro, Edward, nunha chuviosa vila do Noroeste dos Estados Unidos, xerou moita expectación entre os fans por mor da vindeira estrea prevista para o venres 21.

A Summit, que leva anceiando ter unha franquía de seu, espera que esta sexa a súa grande oportunidade entre os adolescentes e os espectadores de menos de trinta anos. En New Moon, Edward abandoa a Bella, deixándo-a deprimida e obrigándo-a a manter unha amizade con outro vampiro. No terceiro tomo, Eclipse, ese triángulo amoroso evoluciona, mentres comeza a xurdir un poder maléfico que ameaza con perseguir a Bella.

Breaking Dawn continúa o argumento mais aló cun matrimónio entre Bella e Edward.

A guionista Melissa Rosenberg prometeu non lér mais libros da saga até non rematar o guión que está a escribir actualmente, para así manter-se fiel á evolución dos persoaxes.