A Fin da Eternidade

896
A Fin da Eternidade
A Fin da Eternidade

A súa primeira grande adquisición dende que foi refundada, a New Regency ven de se facer cos dereitos de A Fin da Eternidade, unha novela de viaxes polo tempo orixinal de Isaac Asimov e publicada por primeira vez en 1955.

A Regency ten previsto presentar o libro perante algúns directores antes de se decidir por contratar a algún.

A novela de Asimov é unha narración futurista na que a humanidade é controlada por unha clase dirixente chamda Eternidade, cuxos membros pdoen manipular o tempo para alterar a história e evitar desastres ou eliminar aos indesexábeis. Un dos policías do tempo flirtea co desastre cando racha unha das regras cardinais de Eternidade e namora-se dunha muller doutro periodo temporal. O proxecto foi mobilizado polos xefes da New Regency Bob Harper e Hutch Parker xunto a Navid McIlhargey, que foi contratado recentemente pola Silver Pictures para crear proxectos estrela.

O filme será producido por Vince Gerardis, con Eli Kirschner na produción executiva. A empresa de Gerardis, a Created By, representa aos herdeiros de Asimov, que recentemente pechou un trato para a adaptación da triloxía A Fundación coa Warner Bros.

Ainda que leva moito tempo sen se reeditar, A Fin da Eternidade ven fascinando aos cineastas dende hai moito tempo. A última vez que o proxecto deu que falar foi na Paramount con Ridley Scott e Tom Cruise, pero non chegou a coallar.