A produtora de Ron Howard, a Imagine Entertainment, e mais a Universal Pictures están a negociar cos herdeiros do lendário escritor de ciéncia-ficción E.E. “Doc” Smith para lles mercar os dereitos sobre as súas novelas da saga de Lensman. Estas novelas, publicadas por primeira vez na década de 1930, son moi importantes na ciéncia-ficción porque foron as primeiras que se concebiron coma unha série.
“Doc” Smith é considerado polos especialistas coma o pai do xénero “space opera”. A série Lensman foi moitas veces citada coma influéncia principal para escritores e cineastas actuais, incluindo a George Lucas e a súa Guerra das Galáxias ou ao creador de Babylon 5 J. Michael Straczynski.
Imagine e Universal están a negociar con Al Trestrail, neto de Smith e albacea do seu testamento, están a negociar un acordo por 18 meses renovábeis. “A opción sería por 18 meses, con outros 18 meses máis de seren necesários“, dixo. “Estámolo a negociar arestora. Só podemos chegar a este punto se coidamos que imos chegar a unha sociedade beneficiosa que resultará alomenos nun filme“.
Smith foi un escritor importante durant a era “pulp” da ciéncia-ficción, que escomezou a finais da década de 1920. A série de Lensman escomezou en 1934 con Triplanetary, unha novela serializada nas páxinas da revista Amazing Stories. Esa novela produciu moitas secuelas.
A série comprende millóns de anos, narrando a loita entre os bós Arisiáns e os malvados Edoriáns. Os libros falan do papel predominante da humanidade na derradeira batalla vista a través dos ollos do protagonista, Kim Kinnison, que chega a controlar un artefacto definitivo: a lente, un brazalete que proporciona telepatía e outros poderes.