As Lendas chegarán aos 17

953

A canle The CW ven de encargar catro episódios mais da súa actual segunda tempada de DC’s Legends of Tomorrow, o que sinifica que esta tempada chegará até os 17 capítulos.

Ainda que a série é a de menor audiéncia e a mais cara das catro que a The CW emite sobre superheroes, Legends of Tomorrow conta cunha média de 2,34 millóns de espectadores por episódio e un rating do 0,9. Os números non son espectaculares, pero supoñen unha millora do 13% entre os adultos de entre 18 e 49 anos e un 35% sobre o total dos espectadores.

As outras tres séries de superheroes da The CW xa contan cunha tempada completa, e así Arrow e The Flash chegarán aos 23 episódios, mentres ca Supergirl terá 22. A canle aínda non tomou unha decisión sobre o futuro das súas séries de outono No Tomorrow e Frequency.