Clint Eastwood está en conversas para dirixir o thriller sobrenatural Hereafter para a DreamWorks.
A Dreamworks, dirixida por Steven Spielberg e Stacey Snider, se fixo cos dereitos dun libreto escrito polo guionista de Frost/Nixon, Peter Morgan, en marzo cando ainda formaba parte da Paramount Pictures. A DreamWorks entrou no proxecto como parte do seu pacto de separación co Melrose studio e dende aquela veñen tentando a Eastwood para que se embarque no proxecto.
Os detalles do argumento ainda están baixo segredo, pero seica se describen como na liña de O Sexto Sentido.
Kathleen Kennedy será a produtora.