Landis no remake do Lobishome Americano

955

O guionista de Chronicle Max Landis escribirá e dirixirá un remake do emblemático filme de culto dirixido polo seu pai John en 1981 An American Werewolf in London para a Universal Pictures.

A película orixinal ía sobre dous mochileiros americanos viaxando pola campina inglesa que son atacados por unha creatura. Semanas despois, o supervivinte do ataque comeza a ver aparicións do seu amigo morto, advertíndo-lle de que se vai transformar nun lobishome.

O creador de The Walking Dead Robert Kirkman e mais o seu colega David Albert serán os produtores xunto a Todd Garner e Matt Smith. Max Landis é o responsábel da série da BBC America baseada en Dirk Gently’s Holistic Detective Agency e tamén escribiu o guión de Bright, unha série de policías fantástica na Netflix.