Após de mais de trinta anos, a secuela do clásico filme fantástico de Jim Henson e Frank Oz The Dark Crystal vai ter a súa oportunidade, pero será nas páxinas dun cómic.
A editorial BOOM! Studios e mais a produtora Henson Company veñen de anunciar os seus plans para facer unha minisérie de 12 números titulada The Power of the Dark Crystal e que estará baseada nun guión que nunca chegou a se producir pero que era a secuela do filme de 1982.
Ambientado décadas despois do orixinal, Jen e Kira están distraídos polas presións de governar o mundo de Thra e xa non están en contacto coas necesidades reais do povo. Isto provoca que unha creatura chamada Thurma leve a cabo o roubo dun anaco do Cristal Escuro co que tentará devolver o poder ao seu reino. Pero esa misión tamén podería devolver á vida aos malvados Skeksis.
O guionista inglés Si Spurrier escribirá a adaptación ao cómic dese guión, orixinal de David Odell, Annette Odell e Craig Pearce, e que mália contar cos nomes de Genndy Tartakovsky e Brian Froud vencellados coma director ao longo dos anos, nunca chegou a se facer realidade. Kelly e Nichole Matthews serán os responsábeis do debuxo.
Lisa Henson, Presidenta e CEO da Jim Henson Company dixo nun comunicado: “A creatividade que foi a escribir e deseñar a longametraxe foi tan grande que queríamos que os nosos fans puideran ver e disfroitar delas grazas a este série de cómic. Estamos moi orgullosos da história que escribiron os guionistas David Odell, Annette Odell e Craig Pearce. Os nosos parceiros na Archaia e en BOOM! Studios só as únicas persoas nas que poderíamos confiar para expandir e ilustrar a história, e estamos emocionados de que axiña poderá ver a luz do día“.
O primeiro número será distribuido dixitalmente e nas tendas de cómics a partir do 15 de febreiro do ano que ven.